Thursday 19 de September de 2024

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2018-2019


A Concellaría de Deportes da Pobra do Caramiñal organiza a programación deportiva para a tempada 2018-2019, a cal consta dunha gran oferta de actividades destinadas a toda a poboación que sexa maior de 3 anos de idade.

Darán comezo o vindeiro 1 de outubro e dividense en dous cuadrimestres:
1º cuadrimestre: do 01/10/2018 ao 31/01/2019.
2º cuadrimestre: do 01/02/2019 ao 31/05/2019.

Está diferenciada en diferentes apartados:
-Escolas deportivas impartidas pola Concellaría de Deportes: Educación física base/predeporte,fútbol sala mixto
-Escolas deportivas impartidas polos Clubs deportivos locais: aeromodelismo,artes marciais, atletismo, baloncesto, fútbol sala, fútbol, patinaxe artística, remo, tenis, tenis mesa, tiro con arco, voleibol, xadrez, xogos de mesa/ extratexia e ximnasia acrobática.
-Actividades adultos: ximnasia para maiores, ximnasia mantemento adultos, pilates e pilates para maiores.

Tamén se van organizar Competicións na Actividade Deportiva en Idade Escolar da Secretaría Xeral para o Deporte, diferentes actividades nos Colexios,e Torneos en diferentes modalidades deportivas.

Ademais contaremos coa LIGA local DE TENIS DE AFECCIONADOS/AS, categoría absoluta, que se disputará nas instalacións deportivas municipais e dará comezo a primeiros de novembro, a cal se organiza en colaboración co Club de Tenis Punta Salera.

Para informarse a anotarse nas actividades que oferta a Concellaría de Deportes, poderán facelo nas oficinas de Deportes do Concello, que se atopan na Casa da Cultura e Xuventude “Raquel Fernández Soler” no horario de 9:30h. a 14:30h. , teléfonos: 981832590/981831545.